Instrumento musical que ten un conxunto de teclas que, ao seren calcadas cos dedos, accionan uns marteliños que á súa vez golpean unhas cordas de metal de diferente lonxitude e grosor, producindo sons.
Etimoloxía
Esta forma creouse por redución da voz italiana pianoforte, formada a partir de piano ('suave') e forte, chamado así pola variedade de sonoridades que permite realizar.
Exemplos *
"Tiña afeccións musicais e tocaba o piano compoñendo con aquel divino don." (Pura Vázquez: O Correo Galego 18-11-2000)
"Dígolle que executalo por tocar tan mal o piano non me parece oportuno." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.