planetario

Mecanismo que reproduce a esfera celeste e os movementos dos astros sobre unha pantalla en forma de cúpula, xeralmente constituída polo teito do local onde está instalado

Etimoloxía

Vocábulo que chega directamente do latín tardío planetarius ‘astrólogo’.

Exemplos *

“En canto ós da zona rural, o planetario sería instalado en cada un dos colexios, co ánimo de evita-lo desprazamento dos escolares máis pequenos dun lugar a outro.” (Redacción: O Correo Galego, 23-2-1996)

“Nun planetario podemos reproducir comodamente os movementos aparentes dos astros.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.