plenilunio

Fase da Lúa en que a cara visible desta se ve na súa totalidade desde a Terra

Etimoloxía

Termo culto que procede do latín plenilunium ‘lúa chea’.

Exemplos *

“Segundo contan outros peregrinos que o cruzaron, neste sitio ouvean os lobos todas as noites de plenilunio. –Recoñeceredes con facilidade a quinta portela. Unha vez que vos metades nos páramos leoneses, buscade o desfiladeiro que corre a través dos montes Aquilianos.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

“Ora ben, sobre todo sorprendía naquel primeiro Murado a asunción e posprocesado das lecturas de Bioy Casares e a súa A invención de Morel e, aínda máis, do Jan Neruda dos Contos da Mala Strana onde tamén se recrea unha atmosfera lunar prima irmá da do lugués: Selene símbolo, noites aluaradas e plenilunios que velan os soños-relatos que conforman o libro.” (Armando Requeixo: A Nosa Terra, 10-07-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.