rabo

Prolongación da columna vertebral de moitos mamíferos, que forma un apéndice máis ou menos longo na parte posterior do seu corpo

Etimoloxía

A palabra procede do latín clásico raptum, -i ‘nabo’.

Exemplos *

“Alegría, alegrote, que anda o rabo do cocho no pote.” (Xavier Lama: O serodio remordemento do amor, 1996)

“Non en van, as unllas do porco, o rabo, a orella, as patacas, os grelos de navicol, os garavanzos, a carne seca de tenreira, etc. son ingredientes que nos soan do noso cocido” (Miguel González Aguiar: O Correo Galego, 14-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.