radio

Aparello para recibir emisións producidas por radiodifusión

Etimoloxía

Termo produto da redución da palabra “radiodifusión” que, á súa vez, é unha composición de “radio” e “difusión”.

Exemplos *

“A radio está sobre unha vella cómoda que foi dos seus pais, que nos miran desde un marco cor tabaco.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

“Como na miña casa aínda non había radio, eu ía escoitalo a unha das poucas do barrio onde si a había e me deixaban quedar: a casa do Castrovilar.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.