radiooínte

Persoa que escoita as emisións radiofónicas

Etimoloxía

Composto das palabras “radio” e “oínte” que chegan da redución de “radiodifusión” e do participio presente do verbo audire ‘oír’.

Exemplos *

“Para todos aqueles radiooíntes que queiran gozar con outros contidos alternativos, Quico Cadaval levaraos da man a un mundo de historias reais e cotiás, mesturadas cun consultorio amoroso e con cancións. ” (Redacción: Galicia Hoxe, 5-3-2007)

“Señores, hoxe temos connosco ó Doutor Rodríguez do Urco, todo un experto en Parasicoloxía. Doutor, ¿que experiencia nos ten preparada esta noite para os nosos radiooíntes?” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.