retransmitir

Transmitir, sen gravación previa, as ondas recibidas desde unha unidade móbil de radio ou televisión situada no lugar do suceso.

Etimoloxía

Verbo proveniente do latino retransmittere ‘volver pasar, atravesar de novo’.

Exemplos *

“Pero o seu berro coincidía coa hora dun partido de fútbol importantísimo que retransmitían por televisión.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte, 1993)

“...apenas podía satisfacer a súa afeizón televisiva por culpa da grella chea de música sacra, filmes relixiosos, vías-sacras e procesiós retransmitidas con desesperante morosidade.” (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.