rueiro

Grupo de casas que forman un conxunto separado das outras do lugar ou da vila

 

Etimoloxía

Termo que se crea sobre o substantivo “rúa” palabra procedente do latín ruga, que no latín vulgar significaba ‘camiño’

Exemplos *

“Querían saber dos veciños do rueiro, e tamén dos que andan fóra, pero, coa maior premura, pedían noticias de Antón Vilademouros e de ti.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)

“García Ramos di que a regueifa "é unha festa nocturna para a que se congregan os mozos á porta da casa dos contraíntes, e con eles os veciños do rueiro e lugares inmediatos.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.