supernova

Estrela que ao estoupar libera unha gran cantidade de enerxía e produce unha luminosidade maior ca unha nova, que pode aumentar 100.000 veces o seu brillo orixinal

Etimoloxía

Palabra formada polo prefixo de orixe latinasuper”- que significa ‘máis alá’ e a palabra “nova” ‘estrela luminosa’.

Exemplos *

“É a supernova, a grande explosión na cal se sintetizan os átomos máis pesados e que lanza ao espazo interestelar ata un 90% do seu material, o cal pasará a formar parte de novas estrelas e planetas.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

“Todos os elementos químicos, e polo tanto, toda a materia viva, ten a súa orixe a partir da explosión dunha supernova, o cal significa que toda a materia viva da Terra, así como a que pode existir noutras galaxias, nace a partir do propio universo.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.