tango

Baile de parella, de orixe arxentina, que ten un ritmo lento e cadencioso.

Etimoloxía

Do español de Bos Aires tango que, á súa vez, remite á denominación dun tambor africano que se usaba nos seus bailes.

Exemplos *

"O bailador de tangos e solícito conversador que danzaba o tango máis fermoso no medio da primavera que chovía nos cristais sen brillo." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

"Lembras o día no que me dixeches que querías bailar un tango?" (Teresa González Costa: Sempre quixen bailar un tango)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.