tebra

Ausencia de luz, escuridade total ou case total

Etimoloxía

Vocábulo procedente do termo latino tenebra ‘escuridade’.

Exemplos *

“Tebras. Sucédense, alternándose, os tronos e as gargalladas. Unha grande espada de fogo brilla nas tebras.” (Ricardo Carballo Calero: “A arbre” en Catro pezas, 1971)

“Nunca se nos ocorreu que isto puidese rematar así, ¿non? Tanta luz no medio de tantas tebras.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.