turismo

Actividade que consiste en realizar viaxes de pracer, visitar lugares de interese etc.

Etimoloxía

Entra a través do inglés tourism de significado semellante, que a súa vez procede de tour ‘viaxe de recreo, excursión’.

Exemplos *

“Nos últimos anos houbo algunhas mellorías apreciables nalgúns sectores industriais e no turismo (...)” (María del Carmen Guisán Seijas: Revista Galega de Economía / Educación, emprego e poboación de Galicia, 2000)

“Paréceme de vital importancia preservar o patrimonio, tanto o natural como o arquitectónico e o cultural, para atraer turismo de calidade.” (Fina Sabín: Tempos Novos, 09-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.