Conxunto de pezas de vestir usadas por unha persoa ou grupo de persoas, en especial os artistas
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín vestiarium ‘roupeiro’.
Exemplos *
“Por exemplo, nunha ocasión no Teatro Español de Madrid representouse con decorados e vestiario de Salvador Dalí, totalmente surrealista; fixérono tamén Pepe Caballero e o coruñés Manuel Mampaso.” (Albino Mallo: O Correo Galego, 9-11-2000)
“É froito desa actividade que a deseñadora de vestiario Alexandra Byrne ve unha instalación súa nun escaparate nunha boutique cerca de Regent Street e aí comeza a súa relación co mundo do cinema, colaborando no vestiario para o " Fantasma da Ópera ".” (Lola Dopico: Sermos Galiza, 30-10-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.