xigante

De gran tamaño, maior do que é habitual

Etimoloxía

Vocábulo que bebe no latín gigas, -antis, e este do grego gígas, -antos.

Exemplos *

“Pois donde quer xigante, / A nosa voz pregoa, / A redenzón da boa / Nazón de Breogán.” (Eduardo Pondal e Pascual Veiga –música–: Os Pinos, 1890)

“Marcelo, co resto dos mariñeiros, sinalaba a aparición como quen vira algunha criatura do seo mariño nunca antes albiscada, como o Taramanco ou a lura xigante a quen lle ofrendaban doncelas en tempos pretéritos na caliña de Arnela.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.