Que actúa con alegría e dinamismo
Etimoloxía
Palabra que vén do latín jocus ‘broma’.
Exemplos *
“Esperanza rexeitou, xogoral e altiva, a máis dun mociño lanzal que entrou no pazo na súa demanda. Agardaba polo príncipe azul pero este demoraba, demoraba e non daba chegado o condenado !” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)
“Meu regato do Cepelo / xogoral e cantador, / ¡amigo da cotovía / e curmao do reiseñor!” (Manuel María: Escolma de poetas de Outeiro de Rei, 1982)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.