xota

Danza popular de ritmo vivo, propia de Aragón, Navarra e Valencia, que ten moitas variantes.

Etimoloxía

É un préstamo do castelán do que non se coñece con seguridade a orixe, aínda que se indica que pode proceder do árabe satha ‘danza’.

Exemplos *

“Pero axiña pasou tamén á muiñeira, e logo veu unha ribeirana, e dúas bailadas, unha xota mariñeira do Salnés, outra muiñeira, dous fandangos, todo seguido e sen acougar.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

“Gustamos deles, temos os ritmos nosos da muiñeira, alalá ou xota e outros particulares …” (Carme Vidal: A Nosa Terra 20-02-2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.