avioneta

Avión pequeno, de pouca potencia e, polo xeral, con motor de hélice.

Etimoloxía

Deriva de avión, tomado do francés, e formado igual ca aviación, partindo do latín avis –is.

Exemplos *

“Cando a embarcación se lles achegou e aqueles homes abriron o portelo da avioneta, Iván e Ruth estaban tan contentos e agradecidos que mesmo ela sería quen de bicar os seus rescatadores.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)

“Mesmo, para certos negocios de urxencia, tiña unha avioneta particular que podía levalo á hora que quixese e a onde quixese …” (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.