bambolina

Cada unha das pezas que constitúen a decoración superior dun escenario teatral e que consiste en teas ou papeis pintados.

Etimoloxía

Relaciónase coa raíz bam-, que se considera onomatopeica e se asocia coa idea de inestabilidade ou movemento.

Exemplos *

“... o tenor fatiga a voz nas estrofas intensas proclamando, resolto, que a verdade, a única que importa de veras, está e estará eternamente aquí: entre as bambolinas da maxia ...” (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)

“Tania adaptábase bastante ben ó mundo das bambolinas e da farándula ...” (Francisco Castro: Amor de cinema)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.