bandurra

Instrumento musical semellante á guitarra, pero máis pequeno, de seis cordas dobres, que se toca cun plectro.

Etimoloxía

Procede da forma do latín tardío pandurium (‘laúde de tres cordas’), tomada do grego.

Exemplos *

“Con ser non só interesante, senón ademais novidoso, o cine non se debía considerar abondo para satisfacer ós espectadores, pois que as proxeccións eran completadas con actuacións de solistas de bandurra e guitarra.” (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós).


“O trombón era Antonio Lafuente e o bandurra Alexandre Castiñeiras que, malia aparentar máis idade, era da quinta de Camilo. Traballaba de albanel na Coruña.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.