branco

De cor clara, por oposición a outras máis escuras da mesma clase

Etimoloxía

Procede do xermánico blank ‘claro’, en substitución do albus latino.

Exemplos *

“A Pura trouxo do bodegón unha xerra de viño branco e pousouna no hul a cadros vermellos, sóbor da mesa.

– Vén fresquiño, Brais. Agora che dou un vaso.

– Dáme dous.” (Manuel Casado: 1,2,3,4… Trancos da vida do Braisiño, 1970)

“Aquelo era unha ringleira de pratos que daría envexa ó mesmo Lúculo. Todo era ben regado con viño tinto do Ribeiro e branco Albariño. Logo viñan os postres caseiros á base de flans e froitas escolleitas.” (Xerardo Díaz Fernández: Contos, 1985)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.