Establecemento público onde se serve café e todo tipo de bebidas, aperitivos e mesmo comidas
Etimoloxía
Voz derivada sobre “café”, que nos leva ao italiano caffe, este toma a palabra do turco kahve, e este do árabe qahwah.
Exemplos *
“A tardiña nas rúas vese a xente andar apurada cara aos pubs , cafetarías e discotecas que gardan, tras da fría discreción exterior, unha caldeada animación festeira nos seus interiores.” (Xavier Paz: Follas de bacallau, 2005)
“Logo saíu daquela cafetaría para marchar para a casa. Xusto nese preciso instante, un coche de policía atravesou a rúa a toda velocidade coas sirenas postas.” (Alberto Ramos: Os corpos dos Romanov, 2023)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.