cirio

Candea grande e grosa.

Etimoloxía

Procede do latín cereeus, -i 'candea grosa', derivado de cera, -ae 'cera'.

Exemplos *

"Non a recoñecín, tiña a súa imaxe perdida nalgún buraco pechado do corazón, aquela merla perdida, engaiolada, como un cirio apagado." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

"Revestidos con albas e estolas os curas, cada un cun cirio acendido na man, tenderon ó ferreiro por riba dun banco, cruzándolle as mans no medio do peito e puxéronse a dicir rezos en latín." (Carlos Casares: O galo de Antioquía)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.