cogomelo

Fungo que ten un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro, do cal existen varias especies que poden ser comestibles ou non.

Etimoloxía

Tomámolo do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma –ae denominación dun recipiente de cociña.

Exemplos *

“A riqueza de cogomelos nos montes galegos fixo que a empresa Meigalicia e Turgalicia puxesen en marcha unha iniciativa turística en 16 casas rurais da Costa da Morte chamada Á procura do cogomelo …” (De Luns a Venres 01-12-2008)

“A micofobia (medo aos cogomelos) foi imposta no pobo galego, enganado pola Igrexa, para consolidar a idea de que a única relixión verdadeira era a católica.” (Cristovo Ruiz Leivas: Cerna 03-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.