compota

Doce feito de froitas cocidas con auga e azucre.

Etimoloxía

O termo chegounos do francés compote, xurdido a partir do verbo latino componere ‘compoñer’.

Exemplos *

“Almorzaron xuntos _café, leite, pan, manteiga e compota_ e logo insistiu en lle amosar unha pequena hemeroteca na que había un bo feixe de xornais …” (Xavier López López: O caderno)

“… ao meu Pepe non lle gusta nada a compota que fan aquí, e tamén que non falte a botelliña de viño da casa.” (Manuel Seixas: A velocidade do frío)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.