esqueiro

Crustáceo mariño da orde dos decápodos, de cacho groso de forma ovada e superficie pouco rugosa, dotado de grosas pinzas no primeiro par de patas, de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “esca” que vén do latín escam ‘alimento’.

Exemplos *

O cangrexo máis noso é a noca, chamada tamén boi de mar ou boi de Francia; coñecéselle ademais por esqueiro, porque a súa casca seca, din uns, usábase a xeito de isca, para facer chispas e brasa na mecha dos chisqueiros, que no mar se avivan cara ao vento.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“En Portugal impúxose o nome de “sapateira” que debe ser porque se dá un aire a un “sapato”. No cantábrico galego chámanlle “nocas” ou “nocos” -en Asturias, ñocla-, e o dicionario da RAG recolle tamén a palabra “isqueiro” ou “esqueiro”.” (Afonso Vázquez Monxardín: La Región, 19-12-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.