Persoa que ten por oficio tinguir tecidos
Etimoloxía
Voz derivada que se forma sobre o substantivo “tintura” que nos chega do latín tincturam de significado semellante.
Exemplos *
“Un entraba na cidade pola Porta Miñá e cruzaba o barrio dos tintureiros; o outro chegaba ata a Igrexa da Virxe do Camiño, seguía polo foso da muralla e metíase en Lugo pola porta do Postigo.” (Xosé Miranda: O demo á orella, 1996)
“A evolución das especies (...), configuraban o universo obsesivo de Nikolai Kolchak, un tintureiro de San Petersburgo que gañaba a vida cambiando a cor das roupas dunha clientela popular.” (Xabier Lama: Os moradores da nada, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.