mandatario -a

Titular dun mandato político.

Etimoloxía

A forma latina da que procede era practicamente coma a nosa, mandatarius, -a, -um ‘encargado dunha comisión’.

Exemplos *

“Moisés, Abraham, Xacobe, Isaac, e moitos outros mandatarios, e tamén profetas, foron pastores…” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

“… o Cesáreo lembraba dunha vez, había anos que foran visita-lo pai do actual mandatario provincial, xa a piques de finar …” (Xosé Manuel Casado: O inverno do lobo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.