violencia de xénero

Acción ou conxunto de accións que comporta violencia (física, psicolóxica, verbal etc.) exercida contra unha persoa por razón do seu xénero, dun home contra unha muller

Etimoloxía

Frase que se forma co substantivo “violencia” desde o latín violentia de significado semellante que se modifica coa frase onde o núcleo desta é “xénero” que procede do latín genus ‘orixe’.

Exemplos *

“Quíxeno ir ver, mais Sara non me deixou. " Sería como darlle a entender que non che importa o que fixo, e coa violencia de xénero tolerancia cero. Non sei como non nos decatamos antes da clase de tipo que é ", recórdame a miúdo.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

“Espetáralle un coitelo no corazón. Aínda non lle chamaban "violencia de xénero", pero a pobre alá vai. "Un desgraciado!"” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.