abelá

abelaFroito da abeleira, de forma case esférica e cuberto dunha casca dura, que encerra unha semente oleaxinosa comestible de cor branca e sabor agradable.

Etimoloxía

Procede da redución da expresión latina abellana (nux) ‘noz de Abella’, lugar da Campania onde abundaban estes froitos.

Exemplos *

“Había paquetes abertos cheos de turrón reseso e derretido, de abelás, améndoas, todo o que mandaban de fóra polo Nadal …” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada)

“A cea foi sobria, iniciándose cun consomé, mediando con filetes de linguado e concluíndo cunha sobremesa de noces, abelás e unha torta de mazá.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.