ágape

Comida que reúne a un certo número de persoas para celebrar algún acontecemento extraordinario de carácter político, social etc.

Etimoloxía

Voz culta procedente do latín tardío agăpe, e este do grego agápē 'afecto'.

Exemplos *

“A chegada barulleira de coches e bucinas estremeceron aqueles perdidos camiños de a pé. Dos maleteiros saían cestas e máis cestas coas viandas. O marqués dispuxo que o ágape fose na horta, baixo o emparrado.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)

“Os visitadores rigorosos empeñábanse  por exemplo, en prohibir as comidas de irmandade que facían as confrarías, por considerar semellantes ágapes como algo profano.” (Pegerto Saavedra: A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.