Planta ornamental da familia das crucíferas, da que existen diversas especies, con flores recendentes en forma de espiga, cores diversas e olor moi agradable / Flor desta planta
Etimoloxía
Voz que procede do árabe hispánico alẖayrí, este do árabe clásico ẖīrī, e este do persa xiri. O nome científico da planta é Matthiola incana.
Exemplos *
“Antre as pedras alelises; / antre os toxos campanillas; / por antre os musgos violas; / regos por antre as curtiñas” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“Ós sete anos miña nai inicioume nas técnicas da semente e da poda do mirto, nos enganos á natureza para manter o esplendor do alelí no estío de Verona.” (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2000)
Imaxes tiradas d'O Herbario de Rosalía’ (Fundación Rosalía de Castro, 2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.