amasar

Remexer e mesturar fariña, area, cemento etc. con auga ou con outro líquido para facer masa.

Etimoloxía

Deriva de masa, tomado do latín massa -ae.

Exemplos *

“E escaseando o centeo para facer pan, disque cocían un que amasaban raendo codias das árbores, e tamén comían raíces e herbas do campo que, mesmo sendo amargas e ásperas, enganaban a fame ...” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)

“Durante as festas de Pesah un xudeu non pode ter na casa nin fariña nin táboas de amasar o pan nin pan ácimo nin rodelas nin moitas outras cousas ...” (Miguel Anxo Murado: O soño da febre)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí