ambulancia

Vehículo preparado para o transporte de feridos e doentes a centros sanitarios.

Etimoloxía

Pode que a forma se tomase do francés ambulance, pero remite ao latino ambulare ‘camiñar’.

Exemplos *

“O automóbil involucrado, visto que case se vai contra a ambulancia, dá un xiro brusco ao lado contrario, xustamente alí onde un camión cisterna, cargado con aceite, vai circulando …” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)

“O estrondo das sirenas dunha ambulancia e de dous coches de policía borran o silencio da noite e salvan a Dalmiro Ferreiro da tunda das palabras.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.