apartheid

Réxime de segregación entre brancos e negros instituído legalmente na República de Suráfrica e abolido en 1991.

Etimoloxía

Apúntase que a orixe deste termo, que nos chegou desde a lingua dos africáners, estea na expresión francesa à part.

Exemplos *

“Efectivamente, o apartheid que os brancos exerceron sobre a poboación negra de Suráfrica quedou fixado nas nosas conciencias, xunto co Holocausto nazi, como unha forma execrable e condenable de violencia racial.” (Alfredo Iglesias Diéguez: Galicia Hoxe 13-03-2007)

“As autoridades levaban moito tempo tras del pero nunca lle puideron probar nada na súa contra, aínda que na súa ficha figura como un marxista e un axitador fronte ó apartheid.” (Xesús Franco González: Matalote)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.