arrepiar

Facer estremecer de medo, de terror etc. / Poñer de punta co medo ou co terror

Etimoloxía

Este verbo vén do latino horripilare ‘ter o pelo encrespado’.

Exemplos *

“Sentín o pánico a me arrepiar o pelo da caluga. Se non eramos quen de asegurar todos os accesos do aeroporto, en poucos minutos aquela pista estaría cuberta de milleiros de Non Mortos.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Isto é debido, se cadra, a que os adultos non están capacitados para pescudar nos medos que poboan a infancia, por máis que eles, dun ou doutro xeito, sigan a padecer os seus estigmas. O segredo mellor gardado dun neno ou dunha nena son os temores que os fan arrepiar.” (Marica Campo: Memoria para Xoana, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.