Establecemento público onde se poden tomar baños de auga con propiedades medicinais ou beber augas medicinais
Etimoloxía
Chega grazas ao adxectivo latino balnearius, -a, -um ‘relativo ao baño’.
Exemplos *
“O dos fillos preocúpame, mais non cismo neles cada día como Ubaldo. Agora quere mandarme ao balneario de Cuntis para que tome as augas.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
“A saída dos futbolíns e os novos métodos de tratamento, máis humanos e modernos, converteron o psiquiátrico nun balneario.” (Francisco Galván: As crenzas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico. 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.