Entidade financeira, estatal ou privada, que se dedica a comerciar co diñeiro que recibe en depósito dos seus clientes, á concesión de créditos etc.
Etimoloxía
O termo é de orixe xermánica, pero este significado tomouse do italiano banca, que inicialmente tiña o sentido de ‘tenda de mercadorías’.
Exemplos *
“… estás no paro, e pedides cartos ao banco para irdes de vacacións a Mallorca e agora non dades pagado.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)
“Dirasme, Conde, o que faremos co diñeiro que nos deron pola venda da abadía? Ingresámolo no banco ou queres comprarlle unha xoia á túa xoia?” (Manuel Lourenzo: As horas baixas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.