Conxunto de beneficios que produce ao cabo de certo tempo un capital emprestado ou investido
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín reditus de significado semellante.
Exemplos *
“Nós non tiñamos tódolos cartos, e tuvémolos que pedir na Caixa de Aforros: déronnolos en hipoteca, e a pagar uns réditos, claro, como todo o mundo.” (Marcial Gondar Portasany: Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega, 1991)
“Vimos a pedir que deas un par de anos de plazo ó Couso. Se necesario fora, somos dez os que estamos dispostos a firmar pra asegurarche os cartos e os réditos.” (Manuel Rodríguez López: Reencontro coa aldea, 1983)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.