brincar

Pasar o tempo facendo cousas que entreteñen e divirten, tal como fan os nenos.

Etimoloxía

Deriva de brinco, do latín vinculum, -i 'atadura', que daría brinco co sentido de 'xoguete' e deste o verbo brincar.

Exemplos *

"Había algúns nenos pequenos brincando por alí coas súas nais sentadas nos bancos de madeira, procurando con teimosa obstinación a quentura dun raio de sol." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)

"As noras do restaurador coincidiron coa apreciación do señor notario e ordenaron aos seus fillos, con berros tampouco carentes de experiencia, que fosen brincar fóra." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.