bronceador

Substancia que axuda a broncear a pel.

Etimoloxía

Deriva de broncear, e este de bronce, voz procedente do italiano bronzo.

Exemplos *

“A aproximación é tan grande que durante un anaco é capaz de ulirlle o sal do pelo e as améndoas amargas do bronceador.” (Xabier López López: O mono no espello)

“… aplicara un aceite bronceador factor dezaseis porque era loura e tiña a pel moi delicada.” (Isidro Novo: Por unha presa de machacantes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.