bucólico -a

Poesía ou poeta que canta e idealiza a vida e costumes dos pastores.

Etimoloxía

Procede do latín bucolicus 'relativo aos pastores', tomado do grego boukolikós.

Exemplos *

"… tradición bucólica que tomou como referente a Teócrito e a Virxilio, pero que acadou un cultivo moito máis prolífico ca no mundo antigo." (María López Sández: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio)

"As Bucólicas ou a Eneida de Virxilio son libros de propaganda, pagos ademais e inspirados por Augusto, para facer un determinado tipo de propaganda política …" (Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado: X.L. Médez Ferrín)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.