caldeira

Recipiente cerrado ou depósito onde se quenta a auga para a calefacción ou para que funcionen as máquinas de vapor

Etimoloxía

Procedente do latín caldaria, -ae ‘baño quente, estufa’.

Exemplos *

“Os compañeiros puxéronse a falar entre eles e nin o primeiro se achegou á caldeira.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Vós, señores do ben, ¿non sabedes que a calefacción do ceo se alimenta coas caldeiras do inferno?” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.