caléndula

Planta herbácea da familia das compostas, perenne, duns trinta centímetros de altura, follas lanceoladas e flores de cor amarela tirando a laranxa

Etimoloxía

Termo que bebe do latín científico calendula.

Exemplos *

“OU SUBIR OU parti-las caléndulas agora que estou / metida en ti / ou repta-los desertos sen flora ou chover / agora sen ti” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)

“Na horta agroecolóxica, a caléndula é unha planta protectora. Estimula o crecemento das coles e dos tomates e atrae insectos polinizadores moi beneficiosos pola grande cantidade de pole que teñen as súas flores.” (Marga Miguéns: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 10-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.