Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción.
Etimoloxía
Derivado sobra a palabra canto cuxa orixe é incerta podería ser prerromana.
Exemplos *
"…manexar como canteiro a maceta e o pico, escoller a boa pedra de gran, non salitrosa…" (Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva)
"Canteiro e cuadrilla vestían hoxe de finos ou aparentes traxes á medida." (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.