Que sobrevive ou sobreviviu a algo
Etimoloxía
Vocábulo que é o participio presente do verbo supervivere de significado semellante.
Exemplos *
“Ademais, pola ribeira non se estaba libre de bater con algún pirata supervivente do afundimento e quen máis quen menos tiña certos reparos.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“O traballo voluntario, moitas veces invisibilizado, que realizan miles de mulleres para mellorar a vida daqueloutras que sofren violencia, acompañando as superviventes no duro camiño que afrontan.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.