capital

Cidade ou poboación onde reside o goberno ou os órganos da administración dun país ou dunha provincia

Etimoloxía

Palabra que provén do latín capitalis ‘principal’.

Exemplos *

“Os arredores do Rossía. Enclavado en pleno centro de Moscova, o Rossía pasa por ser un dos mellores hoteis da capital soviética.” (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?, 1992)

“...esta crenza chantada entre o pobo que se asegura que os mouros vían a roupa tendida en Compostela e tamén que persoas que nunca foran ao que hoxe é a capital da Galiza ascendían ao Pindo para veren desde A Moa a cidade .” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza . Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.