ceboliño

Planta nova da cebola antes de formar o bulbo

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “cebolo” que vén, en feminino, do latín caepùla e caepúlla con significado semellante.

Exemplos *

“¡Iso era sabido! Os meus bois, ceibáronse nunha horta de Manoel. Peniscáronlle catro verduras e tripáronlle dous ou tres tallóns, de ceboliño. Por esta porcallada, meteume no xuzgado,” (Farruco Porto Rei: A tola de Sobrán, 1927)

“O mesmo que as outras hortalizas que precisan trasprante, as cebolas pódense mercar na feira recén arrigadas do sementeiro, ceboliño, aforrando así as labouras previas.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.