colateral

Parente, rama xenealóxica que non se relaciona por liña recta.

Etimoloxía

Formouse a partir de lateral, procedente do latín lateralis, –e ‘relativo ao lado’.

Exemplos *

“… finou en 1786 sen sucesión directa, polo que a illa foi adxudicada a un parente por liña colateral …” (X.M. Couselo: O Correo Galego 18-12-2000)

“O edificio de traza máis solemne é o Pazo dos Tinxidos (rama colateral dos Churruchaos), convertido máis tarde no Mosteiro de Santísima Encarna Levitada e residencia habitual de Monseñor …” (Xesús Rábade Paredes: A palabra secreta)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.