colmea

Recipiente de cortiza, madeira ou vimbio, onde habitan as abellas e fan o mel e a cera

Etimoloxía

De orixe controvertida, probablemente de orixe prerromana, do celta *kolmena, de kolmo ‘palla’.

Exemplos *

“...axudando os meus irmáns nas angueiras da horta, coa recollida de leña no monte e o seu almacenamento no alpendre, buscando herbas medicinais, visitando as colmeas para a extracción de cera e mel, coa limpeza dos lugares comúns e da igrexa.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

Entrevistador: Que supuxo nun concello como Covelo a aparición da Abella Lupa?

Entrevistado: Por parte dos veciños recibimos grande apoio, de feito, as colmeas están asentadas en terras que non son nosas, senón cedidas por eles.” (Carme Vidal [entrevista a Alexandre Cendán]: Sermos Galiza, 16-11-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.