colo

Especie de asento, á altura do peito, formado polas mans e os brazos, ou ben entre a cintura e os xeonllos, cando se está sentado

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde o latín collu ‘pescozo’

Exemplos *

“Arróupote arrequecido no meu colo: / sómo-lo globo terráqueo pousado nos raios do sol, / teu pai.” (Xela Arias: Darío a diario, 1996)

“Está chorando. A nai achégase con rapidez e cólleo no colo mentres o irmán maior corre en dirección contraria, perseguindo o balón.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.